PRENSA : Un fungo que brota nos piñeiros queimados ten un uso como colorante alimentario

Seguindo o link podemos enterarnos dos usos secundarios dun fungo que brota dos piñeiros queimados



http://www.laregion.net/content/view/39260/28/

Prensa : O alto prezo da madeira clave no auxe dos incendios forestais

A noticia pode leerse no seguinte link , e convida á reflexión

http://www.capital.es/index.php?option=com_content&task=view&id=1129&Itemid=1

Convocadas para o 2007 as axudas para o aumento do valor engadido dos produtos forestais

Obxecto
Establecer as bases que regulan as axudas para o aumento do valor engadido dos produtos forestais e proceder á súa convocatoria para o ano 2007 en réxime de concorrencia competitiva.

Beneficiarios
Os beneficiarios deberán cumprir os seguintes requisitos:

1. Ser microempresas do sector forestal radicadas en Galicia, mancomunidades de montes ou comunidades de montes veciñais en man común. A condición de microempresa é a establecida no artigo 2.3º da Recomendación da Comisión do 6 de maio de 2003 sobre a definición de microempresas, pequenas e medianas empresas, que cualifica a microempresa como a que ocupa menos de dez empregados, cuxo volume de negocios anual e/ou balance xeral anual non supera os dous millóns de euros.

Investimentos subvencionables

1. Investimentos produtivos.
Poderán ser subvencionables os investimentos relativos ás operacións de aproveitamento dos produtos forestais (madeira, cogomelos, castañas, plantas aromáticas e medicinais, biomasa e outros produtos forestais). No caso da madeira, biomasa e outros produtos forestais non alimentarios poderán ser subvencionables tamén os investimentos relativos ás operacións de acondicionamento e transformación.


http://mediorural.xunta.es/convoca/arquivos/valor_produtos_forestais.pdf

Axudas para programas de valorización integral e promoción da multifuncionalidade do monte

Pendente depublicación no Diario Oficial de Galicia

Mais información no seguinte link :

http://mediorural.xunta.es/convoca/arquivos/diptico_orde_valorizacion.pdf

Convocadas as axudas para o fomento da primeira forestación de terras non-agrícolas

Qué ámbitos cubre?

Primeira forestación de terras non agrícolas , aqueles terreos identificados no SixPac como Forestal , pasteiro con arboredo , pasteiro arbustivo , zona concentrada non incluida en ortofoto (son terras agrícolas abandonadas aqueles terreos de ermo , con arbustos e matos con arboredo cunha cuberta vexetal inferior ao 20 % que tradicionalmente tiveron un aproveitamento agrícola/gandeiro , e que non recibiron nengunha utilización nen intervención agraria nos derradeiros 10 anos)

Cubre os traballos necesarios para a forestación (desbroce , plantación . . . ) arranxo de pistas , construcción de novas pistas , construcción de pozos de auga para a defensa contra incendios forestais , peche de defensa da repoboación contra o gando .

Plantación de frondosas caducifolias (castiñeiro , freixo , cereixo , pradairo , nogueira , carballo , carballo americano , amieiro , bidueiro ) ou coníferas (piñeiro , pseudotga . . . )

Posibilidade de subvencionar primas de mantemento nos cinco anos seguintes á plantación

Prazo de solicitude?

Até o 19 de Xullo de 2007

Cuantías Subvencionabeis?

Entre 1700 a 2200 € por hectarea en función da contía dos traballos

Superficies Mínimas/Máximas subvencionabeis

Solicitantes a título individual e agrupación de proprietarios precisan unha superficie mínima de 3 has e até un máximo de 15 has , en couto redondo

Montes veciñais superficie mínima 15 hectarea e máximo 25 hectareas , en couto redondo

Onde solicitar as axudas?

Precisa cumprimentar os modelos formalizados e a documentación necesaria solicitada na orde aparecida no Diario Oficial de Galicia do día 18 de Xuño de 2007 (www.xunta.es/diario-oficial) , ou ben informarse nas Delegacións provincias dos Servizos de Montes , Distritos Forestais , Axentes Forestais

Os proxectos finalmente aprobados precisan dun proxecto asinado por Enxeñeiro Técnico forestal ou Enxeñeiro de Montes , e visados polo colexio profesional correspondente

As solicitudes apresentaran-se nas oficinas da Consellaría do Medio Rural e nos Rexistros Oficiais conforme á lei 30/1992 , e irán dirixidas ao Conselleiro do Medio Rural .


http://xunta.es/Dog/Dog2007.nsf/FichaContenido/1E6DE?OpenDocument


O home racha co equilibrio do CO2 do monte

Algunhas actividades do ser humano, como o uso de fertilizantes agrícolas ou a queima de rastrollos, finan co equilibrio nos niveis de dióxido de carbono dos bosques do hemisferio norte do planeta, segúndo un estudo de científicos de Europa e Norteamérica.

Esta investigación, que recolle no seu derradeiro número a revista científica británica Nature , serve como toque de advertencia sobre as prácticas xeneralizadas que levan a cabo algúns agricultores e encargados do coidado de bosques de Europa e Norteamérica e que até o momento non se consideraban do todo prexudiciais.

Os expertos, de Italia, Francia, Reino Unido, Suecia, Finlandia, Canadá e EEUU, advirten de que talis prácticas liberan unha maior cantidade de nitróxeno á atmosfera que favorece o crecimento desproporcionado dos bosques das rexións tépedas e boreais do hemisferio norte.

Este fenómeno, lonxe de beneficiar ao planeta, propicia que os bosques, agora máis poboados, liberen á atmosfera moito máis dióxido de carbono, principal responsábel do cambio climático que se traduce nun requecemento xeneralizado do planeta.

Os resultados do noso estudo amosan que o ser humano controla o equilibrio dos niveis de dióxido de carbono dos bosques das zonas tépedas e boreais, directamente -ao travéso da xestión dos bosques-, ou indirectamente, polas emisións de nitróxeno , afirman os científicos no artigo da revista.

O estudo deste grupo de expertos non se esquece doutras variabeis que inciden na circulación de dióxido de carbono: o aumento das temperaturas, os cambios nos modos de cultivar a terra e a respiración e fotosíntese das plantas.

Segundo os científicos, estes fenómenos que contribúen ao desequilibrio do dióxido de carbono dos bosques ten que sumarse ao abandono agrícola que propicia a expansión incontrolada das grandes masas forestais.

Charlas aos mais novos sobre a importancia da prevención e a extinción dos incendios forestais

Se non temos contratempos , o vindeiro Venres 15 de Xuño no Colexio Rosalía de Castro (Padrón) e o Luns 18 de Xuño no Colexio de Flavia (Padrón) , procederemos cunha demostración practica das ferramentas empregadas na extinción de incendios forestais ; grazas ao acordo chegado co Distrito forestal IV Barbanza , poderemos contar cunha brigada de extinción de incendios e cun camión autobomba para proceder cunha demostración práctica do procedemento de extinción .

Complementando a demostración práctica , membros do Colectivo Remonte incidiran na necesidade de prevención ante incendios forestais e o xeito correcto de actuar se os rapaces teñen constancia dalgunha alarma . Proxectara-se un video para enculcar nos mais novos a importancia da prevención ante os incendios forestais e a valorización do monte .

Axudas para arranxar o noso patrimonio cultural

No Diario oficial de Galicia do Venres 1 de Xuño , podedes consultar e solicitar axudas para arranxar aqueles cruceiros , horreos , muiños , pombais , petos de ánimas , palleiras , pallozas , lavadoiros . . . con contías que oscilan entre os 3000 e os 10.000 €
Non perdades tempo , consultade o DOG e solicitade ; tendes de plazo 40 días naturais dende o día seguinte á publicación no DOG .

Entra en vigor o decreto para que as permutas voluntarias de fincas rústicas en Galiza queden exentas de impostos

Entra en vigor o decreto para que as permutas voluntarias de fincas rústicas en Galiza queden exentas de impostos

Esta normativa permitiralles aos titulares das parcelas beneficiarse da exención do imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, presentando as súas solicitudes no prazo dun mes a partir da sinatura da escritura pública da permuta. Mediante este decreto, a Consellaría do Medio Rural pretende favorecer a reordenación das terras agrarias co fin de facilitarlles aos seus titulares o incremento da superficie útil para o seu mellor aproveitamento agrogandeiro e forestal

Axudas da administración galega para a forestación con frondosas caducifolias

Axudas da administración galega para a forestación con frondosas caducifolias . Si tes mais de media hectarea , xa podes pedir até algo mais de mediados do mes de Xuño axudas entre 1000 a 2000 € por hectarea para a forestación de terreos con frondosas caducifolias

Mais información :

http://mediorural.xunta.es/convoca/mostrar.php?id=219&idtema=4