Concluimos con éxito , en Padrón e Rois , os cursos celebrados sobre a Xestión Forestal Sostíbel . Queda pendente a viaxe a Lourizán que se vai celebrar o Vindeiro 13 de Novembro , e no que visitaremos o arboreto do Centro de investigación de Lourizán , e tamén os viveiros e xeito de traballar e formar que desenrolan no Centro de Formación de Lourizán .
Os cursos tiveron unha parte teórica , onde se trataron diversos aspectos tal como a maquinaria empregada no monte , selvicultura para producir madeira de eucalipto de calidade para serra , Lei e Decreto de incendios , atrancos da propriedade do monte en Galicia e aportacións de solucións . . .así como tamén unha parte de proxección de documentais e videos sobre aspectos diversos do mundo forestal.
Esperamos no vindeiro ano poder acoller unhas xornadas eminentemente prácticas , para ensinar aos interesados o xeito correcto de facer unha poda , unha talla de formación , clareos . . .
Conclúen en Padrón e Rois os cursos de Xestión Forestal
Fotos actuais das árbores amadriñadas e apadriñadas .
A seguinte escolma fotográfica recolle parte das árbores que apadriñastes e amadriñastes meiante o proxecto "Apadriña unha árbore" ; antes de que tiren a folla no presente Outono queremos deixar constancia gráfica de como se van aclimatando ao terreo . Damosvos de novo as grazas pola vosa axuda neste proxecto e avanzamos a seguinte plantación que faremos nas vindeiras semanas e da que teredes cumprida información .
Ubicación da finca plantada polos Padriños e Madriñas , na Escravitude (Padrón)
En breves días colgaremos unhas fotos nas que poderedes comprobar como van tirando as árbores .
Visualizar o mapa ampliado
O Colectivo Remonte programa cursos en Padrón e Rois sobre a Xestión Forestal Sostíbel do monte galego
O Colectivo Remonte , cunha acción financiada pola Consellaría do Medio Rural da Xunta de Galicia e polo Fondo Social Europeo , programa cursos de Xestión Forestal Sostíbel do monte a celebrarse nos Concellos de Padrón e Rois a finais do Próximo mes de Outubro e comezo de Novembro .
O Curso é de carácter gratuito e con plazo de apontarse até finais do presente mes de Setembro , ben chamando aos Concellos referidos , ou ben chamando ao teléfono 667 556 740 , aportando Nome , Apelidos , DNI , enderezo e teléfono de contacto .
Temos pensado facer unha viaxe didáctica organizada , que ben poidera ser ao centro de Formación Forestal de Lourizan - Pontevedra (ainda por confirmar).
A celebración dos cursoso está condicionado á inscripción de alomenos 20 interesados , e os asistentes que fagan o curso con aproveitamento e arranxo ás condiciósn sinaladas recibirán unha certificación por parte do presidente do Colectivo Remonte .
A temática versará sobre Operacións de xestión Forestal , Nova lei de prevención e defensa contra incendios forestais , poda , talas de formación , nova selvicultura das principais especies arbóreas . . . até completar as 20 horas das que consta cada curso .
O Colectivo Remonte inicia contactos para criar unha Mancomunidade de montes da Bisbarra Sar
O Colectivo Remonte tomou contacto coas catorce Comunidade de Montes censadas no Concello de Padrón e que suman un total de 1500 hectareas de superficie forestal , para estabelecer o xérmolo do que pretende ser a Mancomunidade de Montes da Bisbarra Sar .
A idea tivo moi boa aceptación entre as Xuntas Reitoras das Comunidades consultadas , ás que lle explicamos cais son os beneficios de xuntarse baixo esta fórmula xurídica amparada pola lexislación vixente .
Unha información mais polo miudo das avantaxes de asociarse nunha Mancomunidade poden consultarse na web nai www.montegalego.org
A Información saíu en prensa "El correo gallego" , "Tierras de Santiago" , e proximamente no xornal "La Voz de Galicia"
Axudas para programas de valorización integral e promoción da multifuncionalidade do monte
PRENSA : Un fungo que brota nos piñeiros queimados ten un uso como colorante alimentario
Seguindo o link podemos enterarnos dos usos secundarios dun fungo que brota dos piñeiros queimados
http://www.laregion.net/content/view/39260/28/