En vindeiros días comezamos unha nova sección do Colectivo Remonte , os CADERNOS DIVULGATIVOS

En breve , principio do vindeiro ano 2008 , o Colectivo Remonte inicia unha nova sección na decidida aposta pola defensa e promoción do medio ambiente , a edición dos CADERNOS DIVULGATIVOS . Esperamos comezar o 2008 editando o primeiro caderno divulgativo que versará sobre un roteiro autoguiado polo Río Ulla no tramo Padronés .

Estade atentos , manteremos informado .

Conclúen en Padrón e Rois os cursos de Xestión Forestal

Concluimos con éxito , en Padrón e Rois , os cursos celebrados sobre a Xestión Forestal Sostíbel . Queda pendente a viaxe a Lourizán que se vai celebrar o Vindeiro 13 de Novembro , e no que visitaremos o arboreto do Centro de investigación de Lourizán , e tamén os viveiros e xeito de traballar e formar que desenrolan no Centro de Formación de Lourizán .
Os cursos tiveron unha parte teórica , onde se trataron diversos aspectos tal como a maquinaria empregada no monte , selvicultura para producir madeira de eucalipto de calidade para serra , Lei e Decreto de incendios , atrancos da propriedade do monte en Galicia e aportacións de solucións . . .así como tamén unha parte de proxección de documentais e videos sobre aspectos diversos do mundo forestal.
Esperamos no vindeiro ano poder acoller unhas xornadas eminentemente prácticas , para ensinar aos interesados o xeito correcto de facer unha poda , unha talla de formación , clareos . . .

en apoio de Aduaneiros sem fronteiras

Fotos actuais das árbores amadriñadas e apadriñadas .





A seguinte escolma fotográfica recolle parte das árbores que apadriñastes e amadriñastes meiante o proxecto "Apadriña unha árbore" ; antes de que tiren a folla no presente Outono queremos deixar constancia gráfica de como se van aclimatando ao terreo . Damosvos de novo as grazas pola vosa axuda neste proxecto e avanzamos a seguinte plantación que faremos nas vindeiras semanas e da que teredes cumprida información .

Ubicación da finca plantada polos Padriños e Madriñas , na Escravitude (Padrón)

En breves días colgaremos unhas fotos nas que poderedes comprobar como van tirando as árbores .


Visualizar o mapa ampliado

O Colectivo Remonte programa cursos en Padrón e Rois sobre a Xestión Forestal Sostíbel do monte galego

O Colectivo Remonte , cunha acción financiada pola Consellaría do Medio Rural da Xunta de Galicia e polo Fondo Social Europeo , programa cursos de Xestión Forestal Sostíbel do monte a celebrarse nos Concellos de Padrón e Rois a finais do Próximo mes de Outubro e comezo de Novembro .

O Curso é de carácter gratuito e con plazo de apontarse até finais do presente mes de Setembro , ben chamando aos Concellos referidos , ou ben chamando ao teléfono 667 556 740 , aportando Nome , Apelidos , DNI , enderezo e teléfono de contacto .

Temos pensado facer unha viaxe didáctica organizada , que ben poidera ser ao centro de Formación Forestal de Lourizan - Pontevedra (ainda por confirmar).

A celebración dos cursoso está condicionado á inscripción de alomenos 20 interesados , e os asistentes que fagan o curso con aproveitamento e arranxo ás condiciósn sinaladas recibirán unha certificación por parte do presidente do Colectivo Remonte .

A temática versará sobre Operacións de xestión Forestal , Nova lei de prevención e defensa contra incendios forestais , poda , talas de formación , nova selvicultura das principais especies arbóreas . . . até completar as 20 horas das que consta cada curso .

O Colectivo Remonte inicia contactos para criar unha Mancomunidade de montes da Bisbarra Sar

O Colectivo Remonte tomou contacto coas catorce Comunidade de Montes censadas no Concello de Padrón e que suman un total de 1500 hectareas de superficie forestal , para estabelecer o xérmolo do que pretende ser a Mancomunidade de Montes da Bisbarra Sar .
A idea tivo moi boa aceptación entre as Xuntas Reitoras das Comunidades consultadas , ás que lle explicamos cais son os beneficios de xuntarse baixo esta fórmula xurídica amparada pola lexislación vixente .
Unha información mais polo miudo das avantaxes de asociarse nunha Mancomunidade poden consultarse na web nai www.montegalego.org

A Información saíu en prensa "El correo gallego" , "Tierras de Santiago" , e proximamente no xornal "La Voz de Galicia"

Cadro resumo das limitacións da Lei de Incendios nas zonas definidas como de especial risco

Interesante video sobre o monte galego

Axudas para programas de valorización integral e promoción da multifuncionalidade do monte

Obxecto e finalidade :
Estabelecer as bases reguladoras das axudas para os programas de valorización integral e promoción da multifuncionalidade no monte e proceder á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva para o ano 2007.
Fomentar os programas que conduzan á valorización integral do monte galego e á diversificación dos produtos e recursos que proporciona ; o apoio técnico, a formación e concienciación, a ordenación de montes arborizados, a implantación de actividades produtivas e de promoción do uso social no marco da xestión forestal sostible, son obxectivos concretos desta orde de axudas.
Mais información no seguinte link