Un bocadiño de información forestal

O home que plantaba árbores

Para que o carácter dun ser humano deixe ver unha calidade realmente excepcional, é necesario ter a boa sorte de poder observar a súa acción durante longos anos. Se a súa acción está desposuída de todo egoísmo, se a idea que a dirixe é a dunha xenerosidade sen comparación, se é completamente certo que non buscou recompensa en ningunha parte e que ademais deixou sobre o mundo marcas visibles, entón estamos, sen risco de erros, diante dun carácter inesquecible.

O seguinte video pode seguirse a historia do home que plantaba árbores , trátase da curta de animación do canadiense Frèdéric Back, polo que recibeu o Premio Oscar á mellor curtametraxe animada en 1987.Disfrutadea

Fotos da plantación de Castiñeiros do Sábado 16




Cómo xa comentaramos nunha entrada anterior , o pasado sábado 16 de Fevreiro fixemos unha nova plantación do Colectivo Remonte grazas ás aportacións dos padriños e madriñas , e tamén das donacións que chegaron por outras persoas .
En Berxaus , pola tarde , e cun día ben agradábel de temperatura colocamos na finca seleccionada , uns 500 Castiñeiros Híbridos , que , tendo en conta as chuviñas dos días posteriores , esperemos sexan pronto árbores de proveito que fixen Carbono atmosférico , e contribúan a ter un "montegalego" mais agradábel.

Moitas grazas a todos os que , dun xeito ou doutro , participastes na plantación .

Unhas fotos para a lembranza .

Lémbrate que o 12 de Abril temos a Andaina pola Bisbarra do Sar

Toda a información que precisas no seguinte link , así como posibilidade de anotarse on-line !!!!!!

www.andainabisbarradosar.com

Dispoñibeis os diplomas do curso de Xestión Forestal Sostíbel

En vindeiros días contactaremos con cada un de vos , que a finais do 2007 acudistes con éxito ao curso de xestión forestal sostíbel . Temos no noso poder os Diplomas para repartirvos , anque outra opción é que chamedes vos ao móbel de Angel (presidente do Colectivo Remonte) para deixarvo-lo nalgún sitio en que podades pasar a recollelo .

Falamos

Lembrarse que o próximo Sábado 16 precisamos maos que nos axuden na plantación de frondosas caducifolias en Rumille . Saimos do Souto a iso das 16:30 h (fronte ao centro social)

Nova plantación de árbores o 16 de Febreiro do 2008

Se non hai novidade , o vindeiro 16 de Febreiro de 2008 (un sábado), logo de xantar procederemos cunha nova plantación de árbores frondosas caducifolias que as madriñas e padriños financiades coas vosas aportacións económicas .
Farémolo en Padrón , na aldea de Rumille , e precisaremos da vosa axuda para acadar o obxetivo . Vinde , traede aos pícaros , aos familiares , compañeiros . . . quen desexedes , pero precisamos da vosa axuda para plantar unhas 300 árbores ese día. Crucemos os dedos para que non chova

Teredes mais información proximamente na web e no blog .

Axuda a salvar o mundo

Interesante video de wwf Adena .

Problemas para sacar do prelo o primeiro Caderno Divulgativo

O Noso gozo nun pozo !!!!!!

Cómo comentaramos nuha nova anterior , tiñamos previsto sacar a finais de Xaneiro 2008 , o primeiro do que , esperamos , sexa unha serie de cadernos divulgativos do Colectivo Remonte . Contábamos cunha subvención da Consellaría de Medio Ambiente por medio do Concello de Padrón , de maismenos 3500 € , pero finalmente problemas coa Burocracia e . . . algo mais do que é mellor non falar , fixo que quedaramos sen as pelas para sacar adiante este primeiro número .
Que lle imos facer !!!! . Tentarémolo de novo no 2008 se somos quen de conseguir algunha axuda .

Primeira Andaina Bisbarra do Sar - Cartazo informativo

O Colectivo Remonte apoia decididamente a PRIMEIRA ANDAINA DA BISBARRA DO SAR no vindeiro mes de Abril do 2008.

Se non hai novidade , durante a segunda semana do mes de Abril celebraremos a Primeira Andaina na Bisbarra do Sar . A idea parte de Arturo Reboyras Villaverde , colaborador do Colectivo , e trátase dun percorrido en forma de trebo cunha lonxitude de 50 kilómetros a celebrar durante un periodo máximo de doce horas
Amais de facer boas amizades co resto dos camiñantes , convidamos aos que desexedes participar a coñecer mais sobre o patrimonio cultural e etnográfico dos Concellos de Padrón e Dodro que percorreremos . Esperamos contar con axudas dos citados concellos e das empresas dos arredores para facer unha andaina divertida , e poder ofrecer aos camiñantes postos de avituallamento , coches escoba . . .

Pronto teredes ao dispor un adianto do percorrido .

A ENTRENARRRRRRRRRRR .