Unha pequena escolma fotográfica da plantación que se fixo o pasado ano 2008 coas aportacións das madriñas e padriños que seguistes o proxecto "apadriña unha árbore" . A diferencia doutras iniciativas de plantación de árbores , que xeralmente fracasan pola falta de coidados posteriores , no noso proxecto ambiental contemplamos a obrigatoriedade de continuar os coidados ás árbores nos anos inmediatamente posteriores.
Nas seguintes fotos observades os desbroces feitos na plantación . As seguintes fotos na Primavera , cando as árbores se vistan coas follas da tempada
Algunhas imaxes do estado da plantación feita coas aportacións económicas das madriñas e padriños
Cadernos Divulgativos
Este ano 2009 tentaremos sacar adiante un proxecto que temos pendente , comezar coa tiraxe dos "Cadernos Divulgativos" do Colectivo Remonte .
Agora mesmo vimos de solicitar unha axudiña a secretaría Xeral de Política Lingüística para poder ter a posibilidade de sacar do prelo o Caderno 1 "Roteiro guiado polo Rio Ulla nas terras do Sar" e tamén o Caderno 2 "Caracterización do hábitat de nidificación do Busardo ratoeiro Buteo buteo e do Azor común Acciteter gentilis en Galicia"
Esperemos ter sorte coa axuda , senón toca seguir esperando .
Nova entrevista na radio sobre a obra "O bico da abella"
Paga a pena escoitar esta entrevista a Pedro Pérez e a Advero , na cadena SER
o mecanismo da fotosíntese
Nesta curta de video é fácil coñecer de xeito interactivo como se produce o maravilloso proceso da fotosíntese nas plantas . Miradeo , roubaravos pouco mais de catro minutos do voso tempo .
Publicado por
montegalego
en
8:20
0
comentarios
axudas para mercar maquinaria na transformación de produtos forestais
Orde do 30 de decembro de 2008 pola que se modifican as bases reguladoras das axudas para a creación e mellora de empresas de comercialización e transformación de produtos forestais e se convocan para o exercicio orzamentario 2009.
http://xunta.es/dog/Dog2009.nsf/0e5fb445f3681a75c1257251004b10d7/7e82695916602ab9c125753800506d83/$FILE/00600D010P040.PDF
Prazo de apresentación :40 días hábiles dende o día seguinte da publicación da orde
O bico das abellas
SENSACIONAL
Podedes mercar o CD , e outros productos da colmea no link www.laabejaegipcia.com
Dous ferrados de eucaliptos
Palabras na PAISAXE : Dous ferrados de eucaliptos
Autor:Agustín Agra Barreiro
Publicado en "La voz de Galicia" con data 28/11/2008
Transcorrían os amansados anos corenta do pasado século cando o señor Manolo tomaba a decisión de plantar no herdo do seu pai, deixándose levar polos ventos que traía a nova política forestal, unha leira de dous ferrados de eucaliptos. Non había especie que medrase máis rápido e dese tanta madeira aproveitábel, lle dixeran; e, xa que logo, a ningunha outra plantación lle podería tirar máis rendemento.
Quince anos despois, a comezos dos xa remexidos sesenta, achegouse machado en man ao seu cultivo, cortou aquelas árbores rectilíneas e esveltas, e aínda lle sacou un bo quiñón a aquela ceifa. Era certo o que falaran, ningunha outra árbore lle tería rendido beneficios de xeito tan rápido. Deixou a abrollar no monte os rebentos novos e dispúxose a agardar, cobizando que moi logo lle desen unha nova colleita.
Vinte anos despois, a comezos dos revoltos oitenta, plantouse no eido serrón en man, arramplou outra volta co que medrara na súa propiedade, gardou o produto da venda na cartilla da caixa de aforros, e comezou a esperar paciente pola terceira anada.
Dez anos despois, contento de que, até o de entón, librara de que lle puxesen lume e de que ningunha pista fendera a súa facenda, acercouse co neto a inspeccionar como avanzaba o engorde dos seus cartos, disposto a calcular canto tempo habería de tardar en botar man da motoserra. Alí atopou, desalentado, como, o que el agardaba que fosen uns espécimes vizosos e ergueitos, non eran máis que uns latóns famélicos, tan raquíticos que non servirían nin para a vara do rastro dos berberechos.
Non agardaba que el puidese entender ren da explicación que lle podería dar, nin de ciclos bioxeoquímicos, nin do papel dos organismos descompoñedores nas pirámides tróficas, menos aínda do papel que desempeñan nas dinámicas de renovación da materia. Nada lle dixen. Mais os sopesados argumentos que busquei para que comprendese o que acontecera nada puideron facer. Inútil foi intentar aclararlle que sementara uns vexetais voraces que acidificaban e secaban o solo; que o motivo dos seus males era que o alimento da terra, os nutrientes que gardaba, estaban a esgotarse; que as sucesivas xeracións foran absorbendo polas raíces os imprescindíbeis sales minerais levándoos, ao tallalos, con eles; e que agora aqueles bechos eran incapaces de medrar, faltos dalgún elemento esencial para a súa subsistencia. Inútil, si.
Non houbo quen o desmontase da súa teoría, nin os da forestal nin un seu amigo e compañeiro de taberna, perito agrícola de profesión.
El continuou teimudo, porfiando o moi testán, en que os culpábeis de que os dous ferrados da súa finca se estivesen a converter nun ermo eran, sen dúbida, os fumes dos coches que transitaban pola estrada que abriran ao seu carón. El tíñao claro; envelenáranlle o terreo.