O Monte na Galiza - a creatividade do bosque

Deixamos un link a un video de aproximadamente 25 minutos , onde se pode ollar a variedade de conformación do monte galego . Disfrutadeo e tomade nota dos comentarios do narrador en canto a transición das especies forestais no espazo xeográfico

O Colectivo Remonte participa no primeiro encontro do ecoloxismo galego

O colectivo Remonte participou o pasado sábado no primeiro encontro do ecoloxismo galego , coa teima de por en común as experiencias e os recursos educativoambientais empregados polas asociacións ecoloxistas nos últimos anos.

Sigue ao link

http://www.federacionecoloxista.org/modules.php?name=Content&pa=showpage&pid=11

Algunhas imaxes do estado da plantación feita coas aportacións económicas das madriñas e padriños





Unha pequena escolma fotográfica da plantación que se fixo o pasado ano 2008 coas aportacións das madriñas e padriños que seguistes o proxecto "apadriña unha árbore" . A diferencia doutras iniciativas de plantación de árbores , que xeralmente fracasan pola falta de coidados posteriores , no noso proxecto ambiental contemplamos a obrigatoriedade de continuar os coidados ás árbores nos anos inmediatamente posteriores.
Nas seguintes fotos observades os desbroces feitos na plantación . As seguintes fotos na Primavera , cando as árbores se vistan coas follas da tempada

en apoio ao Mestre Isaac Díaz Pardo



http://mestreisaac.aduaneirossemfronteiras.org/

Cadernos Divulgativos

Este ano 2009 tentaremos sacar adiante un proxecto que temos pendente , comezar coa tiraxe dos "Cadernos Divulgativos" do Colectivo Remonte .
Agora mesmo vimos de solicitar unha axudiña a secretaría Xeral de Política Lingüística para poder ter a posibilidade de sacar do prelo o Caderno 1 "Roteiro guiado polo Rio Ulla nas terras do Sar" e tamén o Caderno 2 "Caracterización do hábitat de nidificación do Busardo ratoeiro Buteo buteo e do Azor común Acciteter gentilis en Galicia"

Esperemos ter sorte coa axuda , senón toca seguir esperando .

Nova entrevista na radio sobre a obra "O bico da abella"

Paga a pena escoitar esta entrevista a Pedro Pérez e a Advero , na cadena SER


o mecanismo da fotosíntese

Nesta curta de video é fácil coñecer de xeito interactivo como se produce o maravilloso proceso da fotosíntese nas plantas . Miradeo , roubaravos pouco mais de catro minutos do voso tempo .

axudas para mercar maquinaria na transformación de produtos forestais

Orde do 30 de decembro de 2008 pola que se modifican as bases reguladoras das axudas para a creación e mellora de empresas de comercialización e transformación de produtos forestais e se convocan para o exercicio orzamentario 2009.

http://xunta.es/dog/Dog2009.nsf/0e5fb445f3681a75c1257251004b10d7/7e82695916602ab9c125753800506d83/$FILE/00600D010P040.PDF


Prazo de apresentación :40 días hábiles dende o día seguinte da publicación da orde

2ª camiñada pola Bisbarra do Sar - Xa queda menos !!!!!!

3ª INF 86 DIAS- 07-ENERO-09

O bico das abellas

SENSACIONAL
Podedes mercar o CD , e outros productos da colmea no link www.laabejaegipcia.com