O Colectivo Remonte realiza o venres a plantación de 200 árbores apadriñadas por Adolfo Domínguez

A Asociación Ambiental Colectivo Remonte, con sede en Padrón, realiza o venres unha plantación de ao redor de 200 plantas de castiñeiro e carballo nun terreo do lugar de Lestrove, no municipio de Dodro. As árbores están apadriñados pola empresa Adolfo Domínguez que, o pasado Nadal, regalou aos seus máis estreitos colaboradores unha árbore que agora axudará a reforestar unha zona afectada polos graves incendios do ano 2006 ou, ben, en estado de abandono.
A actividade do venres comeza no Centro Público Integrado Eusebio Lorenzo Baleirón de Dodro, onde persoal do Colectivo Remonte impartirá unha charla técnica sobre a posterior plantación e sobre os incendios forestais. A continuación, os 160 alumnos do colexio, con idades comprendidas entre os 5 e 14 anos, desprazaranse ata a leira elixida para a reforestación.
A asociación ambiental facilitaralles as plantas (120 de castiñeiro e 80 de carballo), así como as ferramentas necesarias para a plantación e ata bos consellos prácticos para que as plantas teñan o máximo arraigamento posible. Está previsto que asista algún representante da empresa Adolfo Domínguez, posiblemente a filla do deseñador. Con esta iniciativa, a firma afianza «ou seu claro compromiso entre moda e ecoloxía».
O Colectivo Remonte naceu por mor dos incendios de 2006. Ten en marcha un programa que leva por título Apadriña un árbore, para reforestar con especies frondosas autóctonas zonas afectadas polos lumes.

Fonte La Voz de Galicia (Mércores 27 Xaneiro 2010)

21 de Xaneiro 2010 Paremos o Decretazo contra o galego

Adolfo Domínguez apadriña árbores en Dodro . A firma téxtil de Ourense vai colaborar coa asociación ambiental Colectivo Remonte, de Padrón

La Voz de Galicia 03/01/10

Adolfo Domínguez apadriña árbores en Dodro

A firma téxtil de Ourense vai colaborar coa asociación ambiental Colectivo Remonte, de Padrón

Dende a súa creación no ano 2006 como resposta a vaga de lumes forestais que asolaron Galicia nos meses de xullo e agosto, a asociación ambiental Colectivo Remonte, con sede en Padrón, ten en marcha un programa-acción que leva por título Apadriña unha árbore. Como froito deste programa, a entidade ven desenrolando accións de plantación de árbores frondosas caducifolias en parcelas de monte afectadas polos incendios forestais ou en grave estado de abandono, principalmente na comarca do Sar, e grazas as aportacións económicas de madriñas e padriños que participan no programa así como do titular da parcela que se beneficia desta acción.
Fieis a esta tradición, neste Nadal e comezo do ano 2010, o Colectivo Remonte e a empresa Adolfo Domínguez S.A. fan a súa felicitación cunha árbore. Deste xeito, o «compromiso» de Adolfo Domínguez co medio ambiente materialízase este Nadal nunha nova iniciativa sostible co que agasallará aos seus máis estreitos colaboradores cunha árbore coa que participan na reforestación dos montes galegos, maltreitos polo lume.
Con esta colaboración, Adolfo Domínguez «contribúe ao proxecto integral que o Colectivo Remonte desenrola en Galicia», segundo sinalan dende a propia asociación. Ademais, este ano, coa entrada na empresa de Tiziana Domínguez como responsable do departamento de Responsabilidade Social, a empresa afianza o seu claro compromiso entre moda e ecoloxía.
Para a reforestación, o Colectivo Remonte conta cunha parcela situada no municipio de Dodro, concretamente en Lestrove, de xeito que convidará a un colexio próximo para que participe directamente nas labores de plantación. Para iso, proporcionaralle aos escolares as plantas, as ferramentas e o auxilio de persoal experimentado, que os guiará con consellos prácticos para que a plantación conte co máximo arraigo posible

Boas-Víndas ao sítio do Apalpador

Boas-Vindas ao sitio web do Apalpador

www.apalpador.net

O Apalpador, também conhecido como Pandigueiro na Terra de Trives, é um gigante carvoeiro que mora nas montanhas durante todo o ano e que desce às aldeias, vilas e cidades nos dias 24 ou 31 de Dezembro à noitinha, para apalpar as barriguinhas às crianças e comprovar se comêrom bem ao longo do ano. Chega-se-lhes à noite, caladinho, apalpa-lhes o ventre e, se estiverem cheias, murmura-lhes cuidadoso aos ouvidos: “Assim, assim estejas o ano todo”. Se, polo contrário, comprova que tenhem a barriguinha baleira, torce o sobrolho, deixa-lhes umha presada de castanhas às caladas, e vai-se preocupado.

Esta figura mítica da tradiçom do Natal galego está com certeza relacionada com figuras semelhantes, sobreviventes noutros locais da cornija Cantábrica, como o “Esteru” cántabro ou o “Olentzero” basco, razom que dá para suspeitar tratar-se dumha figura de origem comum que tivo umha extensom bem maior no passado, tendo ficado relegada posteriormente — como tantas outras cousas — aos redutos mais afastados e inacessíveis da nossa geografia.

Hoje, por fortuna, o Apalpador torna a visitar todas as casas de todos os nenos e nenas onde é chamado.

Paciência - Lenine

a mellor defensa contra o ataque do gando polo lobo . . . ter unhas burras mesturadas co gando . Ecolóxico e sostíbel

Así parece , ter burras mesturadas co gando é un sistema áxil , barato e sostíble para afastar o lobo do gando . Mira o seguinte video e difundeo entre os gandeiros que teñan problemas co seu gando polo ataque do lobo e cans asilvestrados .

Uns minutos para a relaxación

Tomade un respiro de 45 minutos ; sentade cómodos e poñede os altofalantes con volume axeitado .
Uns minutos para relaxarse non veñen mal

O Colectivo Remonte promove unhas charlas didacticas nos colexios de Padrón orientadas á prevención contra incendios forestais




Agora que chega o Verán , época mais conflictiva a nivel de lumes forestais , o Colectivo Remonte auxiliado pola EPRIF que desenrola os seus traballos na Barbanza fomos quen de promover unhas charlas divulgativas nos colexios de Padrón , con vistas a que os mais novos sexan quen de coñecer a importancia que ten o monte na nosa vida , e a importancia da prevención e a extinción dos incendios forestais , cara a sua conservación . Nas seguintes fotos queda reportaxe gráfica do que foi unhas das charlas .
Posteriormente fixemos unha viaxe á base de helicópteros de Lomba (Santa Comba) para coñecer polo miudo o xeito en que se traballa na extinción de incendios forestais cunha cuadrilla helitransportada . As nenas e nenos disfrutaron moito do que se lles contou , de poder subir e baixar do helicóptero , tocar as ferramentas de extinción . . .
O nosos maiores agradecimentos a todos os compoñenetes da EPRIF e da base de Helicópteros de Lomba, que prestaron a máxima colaboración na impartición destas charlas .

Video apresentación sobre a situación actual da Caza en Galicia

A Presente video-apresentación recollida na internete amosa con bastante veracidade a situación actual da Caza en Galicia . Abundan os cazadores ou os escopeteiros?
Uns minutos de reflexión .

Éxito da II camiñada por parellas no Concello de Rois


Onte , 20 de Xuño , e baixo un sol de xustiza , 125 parellas de andaregos foron quen de desfrutar da II camiñada por parellas no Concello de Rois . Polos comentarios da xente a ruta proposta gustou moito e o día animada a desfrutar dela . Á ultima hora , e como de costume , sorteo de agasallos para os participantes e un churrasquiño e pinchos para recuperar os folgos .
Estade atentos á web www.andainabisbarradosar.com para visualizar fotos , comentarios (bos e malos) . . .
Xa andamos argallando novidades para a camiñada 2010