Dous ferrados de eucaliptos

Palabras na PAISAXE : Dous ferrados de eucaliptos

Autor:Agustín Agra Barreiro
Publicado en "La voz de Galicia" con data 28/11/2008

Transcorrían os amansados anos corenta do pasado século cando o señor Manolo tomaba a decisión de plantar no herdo do seu pai, deixándose levar polos ventos que traía a nova política forestal, unha leira de dous ferrados de eucaliptos. Non había especie que medrase máis rápido e dese tanta madeira aproveitábel, lle dixeran; e, xa que logo, a ningunha outra plantación lle podería tirar máis rendemento.

Quince anos despois, a comezos dos xa remexidos sesenta, achegouse machado en man ao seu cultivo, cortou aquelas árbores rectilíneas e esveltas, e aínda lle sacou un bo quiñón a aquela ceifa. Era certo o que falaran, ningunha outra árbore lle tería rendido beneficios de xeito tan rápido. Deixou a abrollar no monte os rebentos novos e dispúxose a agardar, cobizando que moi logo lle desen unha nova colleita.

Vinte anos despois, a comezos dos revoltos oitenta, plantouse no eido serrón en man, arramplou outra volta co que medrara na súa propiedade, gardou o produto da venda na cartilla da caixa de aforros, e comezou a esperar paciente pola terceira anada.

Dez anos despois, contento de que, até o de entón, librara de que lle puxesen lume e de que ningunha pista fendera a súa facenda, acercouse co neto a inspeccionar como avanzaba o engorde dos seus cartos, disposto a calcular canto tempo habería de tardar en botar man da motoserra. Alí atopou, desalentado, como, o que el agardaba que fosen uns espécimes vizosos e ergueitos, non eran máis que uns latóns famélicos, tan raquíticos que non servirían nin para a vara do rastro dos berberechos.

Non agardaba que el puidese entender ren da explicación que lle podería dar, nin de ciclos bioxeoquímicos, nin do papel dos organismos descompoñedores nas pirámides tróficas, menos aínda do papel que desempeñan nas dinámicas de renovación da materia. Nada lle dixen. Mais os sopesados argumentos que busquei para que comprendese o que acontecera nada puideron facer. Inútil foi intentar aclararlle que sementara uns vexetais voraces que acidificaban e secaban o solo; que o motivo dos seus males era que o alimento da terra, os nutrientes que gardaba, estaban a esgotarse; que as sucesivas xeracións foran absorbendo polas raíces os imprescindíbeis sales minerais levándoos, ao tallalos, con eles; e que agora aqueles bechos eran incapaces de medrar, faltos dalgún elemento esencial para a súa subsistencia. Inútil, si.

Non houbo quen o desmontase da súa teoría, nin os da forestal nin un seu amigo e compañeiro de taberna, perito agrícola de profesión.

El continuou teimudo, porfiando o moi testán, en que os culpábeis de que os dous ferrados da súa finca se estivesen a converter nun ermo eran, sen dúbida, os fumes dos coches que transitaban pola estrada que abriran ao seu carón. El tíñao claro; envelenáranlle o terreo.

Repoboacións productoras , o monte artificial

No seguinte link podedes ver un video cunha duración aproximada de media hora , onde se fala das repoboacións feitas no monte de xeito artificial con funcións , inicialmente productoras , anque á sua vez tamén de protección e de fixación de carbono atmosférico .

Video "apadriña unha árbore" en catoira - CPI Catoira

Voo virtual sobre un Modelo Dixital do Terreo cos límites municipais dos concellos de comarca Ulla-Umia e a parcela que se está utilizando para o proxecto "Apadriña unha Árbore" por parte do CPI Catoira .
Non coñecemos cómo levan o tema os veciños de Catoira , mais animámolos a que todo vaia por bon camiño
PARABÉNS

... e de súpeto chegou o Outono

Cogomelos , castañas , paseos polo monte coa aperta dos raios de sol filtrandose entre as follas que mudan de morada e tapizan o chan de variadas cores . Outono

Pesticidas NON GRAZAS !!!!

No seguinte link , unha web de Xosé Manuel Duráns Orús que trata sobre o tema do dano de boa parte dos pesticidas usados no medio agroforestal galego para coas Abellas . Anímate a enviar un mail protesta ao valedor do pobo .

As abellas teñen un papel fundamental na polinización dos cultivos (valor económico moito maior que o coñecido da mel) , e que , segundo Einstein , no momento en que desaparezan as abellas , á humanidade quédanlle catro anos de vida .

http://www.pesticidasnongrazas.org/

Igualdade de dereitos para o galego

Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galego

http://www.amesanl.org/campanhas/convivenciaeigualdade.htm

Reportaxe gráfica da primeira andaina por parellas no Concello de Rois

No seguinte link podedes ver a galería fotográfica da camiñada por parellas no Concello de Rois .

http://picasaweb.google.es/andainabisbarradosar/CaminataPorParellasDeRois

Non dubidedes en pasarvos pola web e deixar os comentarios que desexedes .

www.andainabisbarradosar.com

Cartaz da camiñada do 21 de Xuño

Ide pensando en anotarse , as prazas son limitadas .

Primeira Camiñada no Concello de Rois o 21 de Xuño de 2008

O vindeiro 21 de Xuño de 2008 colaboramos na primeira andaina por parellas no Concello de Rois . No seguinte link podes consultar mais información e anotarte

Read this doc on Scribd: camiñada en Rois o 21 Xuño de 2008

O Colectivo Remonte promove a criazón da Mancomunidade de Montes Veciñais Bisbarra do Sar

http://www.lavozdegalicia.es/santiago/2008/05/07/0003_6796802.htm