Película HOME que alerta sobre o mal uso do medio ambiente . Os científicos alertan quer so temos 10 anos para mudar os nosos malos hábitos de vida e propor medidas que axuden a por en orde a vida humana cos ritmos normais da natureza . A duración é de 1 hora e media , pero paga a pena visualizala .
Seguir o link seguinte
http://www.youtube.com/watch?v=SWRHxh6XepM
película HOME
O Colectivo Remonte tamén presente en Madeira (Portugal)
As seguintes fotos foron tomadas no ponto mais alto da Illa de Madeira (Portugal) , "O Pico Ruivo" , e foron enviadas por un colaborador da nosa Asociación . Se tes algunha foto cunha camisola do Colectivo Remonte en algunha parte do Mundo e queres publicala aquí , fainola chegar a info@montegalego.org
II Andaina por parellas no Concello de Rois
Saudos remonteiros , na seguinte nova queremos comentar que xa temos preparada a II Andaina por parellas no Concello de Rois . Logo do éxito da II Andaina Bisbarra do Sar (do que tivestes cumprida información) toca prepararse para os 16 Km por parellas no Concello de Rois o vindeiro 20 de Xuño . Toda a información sobre a proba podedes ollala no link www.andainabisbarradosar.com , así como o cartaz que amosamos a continuación .Invitamos á xente a participar nesta proba .
II Andaina Parellas Rois
O Monte na Galiza - a creatividade do bosque
Deixamos un link a un video de aproximadamente 25 minutos , onde se pode ollar a variedade de conformación do monte galego . Disfrutadeo e tomade nota dos comentarios do narrador en canto a transición das especies forestais no espazo xeográfico
O Colectivo Remonte participa no primeiro encontro do ecoloxismo galego
O colectivo Remonte participou o pasado sábado no primeiro encontro do ecoloxismo galego , coa teima de por en común as experiencias e os recursos educativoambientais empregados polas asociacións ecoloxistas nos últimos anos.
Sigue ao link
http://www.federacionecoloxista.org/modules.php?name=Content&pa=showpage&pid=11
Algunhas imaxes do estado da plantación feita coas aportacións económicas das madriñas e padriños
Unha pequena escolma fotográfica da plantación que se fixo o pasado ano 2008 coas aportacións das madriñas e padriños que seguistes o proxecto "apadriña unha árbore" . A diferencia doutras iniciativas de plantación de árbores , que xeralmente fracasan pola falta de coidados posteriores , no noso proxecto ambiental contemplamos a obrigatoriedade de continuar os coidados ás árbores nos anos inmediatamente posteriores.
Nas seguintes fotos observades os desbroces feitos na plantación . As seguintes fotos na Primavera , cando as árbores se vistan coas follas da tempada
Cadernos Divulgativos
Este ano 2009 tentaremos sacar adiante un proxecto que temos pendente , comezar coa tiraxe dos "Cadernos Divulgativos" do Colectivo Remonte .
Agora mesmo vimos de solicitar unha axudiña a secretaría Xeral de Política Lingüística para poder ter a posibilidade de sacar do prelo o Caderno 1 "Roteiro guiado polo Rio Ulla nas terras do Sar" e tamén o Caderno 2 "Caracterización do hábitat de nidificación do Busardo ratoeiro Buteo buteo e do Azor común Acciteter gentilis en Galicia"
Esperemos ter sorte coa axuda , senón toca seguir esperando .
Nova entrevista na radio sobre a obra "O bico da abella"
Paga a pena escoitar esta entrevista a Pedro Pérez e a Advero , na cadena SER
o mecanismo da fotosíntese
Nesta curta de video é fácil coñecer de xeito interactivo como se produce o maravilloso proceso da fotosíntese nas plantas . Miradeo , roubaravos pouco mais de catro minutos do voso tempo .
Publicado por
montegalego
en
8:20
0
comentarios