Marcha BTT pola Bisbarra do sar


Na seguinte imaxe podedes ollar o percorrido da Ruta en BTT pola Bisbarra do Sar que se vai celebrar o día 19 de Xuño de 2010 , con saida dende Padrón pola tarde .

III Camiñada por parellas no Concello de Rois

A camiñata celebraráse o Sábado 26 de Xuño en Rois.
Queren favorecer o diálogo, aumentar a amizade e promocionar o respecto pola natureza e a actividade deportiva. Para iso organizan a Camiñata por parellas do Concello de Rois. Somentes admiten inscricións a xente que se achegue emparellada. Ao que ven só, casámolo, afirma con ironia un dos membros da organización.
A orixinal iniciativa vai xa pola súa terceira edición, e para este ano xa contan cunha parella que suma só 18 anos (neno e nena de 10 e 8 anos) e outra que alcanza os 138. A camiñata sairá ás seis da tarde do sábado 26 de xuño desde o polideportivo municipal de Rois, no quilómetro 4 da estrada Padrón - Noia.
A marcha será de dificultade baixa, aproximadamente 15 quilómetros. Haberá 2 controis intermedios, no que as dúas persoas que formen a parella, terán a obriga de pasalo xuntos. Por motivos de seguridade, a organización puxo como límite 175 parellas, para poder regular todo o percorrido, vixiando sobre todo as encrucilladas. O Concello de Rois ofrecerá uns pinchos ás persoas participantes, ao remate da camiñada. Anuncian tamén aparcadoiros, duchas e sorteo de agasallos entre os participantes. Uns dos promotores da camiñata por parellas, Arturo Reboyras, indica que hai uns anos organizaron unha iniciativa similar en Muiños (Ourense). Fora pouca xente e deixaron de organizala. En cambio en Rois, cada vez se reunen máis amigos do paseo, atendendo á chamada do colectivo Remonte. Sendeiristas de todas as idades e condicións sociais. O único requisito é inscribirse con parella.

www.andainabisbarradosar.com