Novas actividades do Colectivo Remonte para os mais pequenos .


Infelizmente , as actividades de Cetrería previstas para realizar cos chavalotes ingresados na área de pediatría do CHUS non se poideron levar a bo termo (por causas totalmente alleas ao Colectivo Remonte) . Ainda así , e grazas á boa disposición de Camilo Rodríguez , e das suas aves , faremos duas sesións de cetrería na área dos Colexiós de Padrón , así :

Mércores 15 de Xuño : Subiremos até a área de Santiaguiño do Monte cun grupo de chavalotes do colexío de Flavia , comentando algunhas historietas sobre a importancia da conservación do noso patrimonio natural . Seguidamente procederemos alí cunha sesión de Cetrería

Xoves 16 de Xuño : Partiremos cara Oleiros , con chavalotes do Colexio de Rosalía , para facer unha visita guiada ao Centro de recuperación da fauna de Oleiros , onde nos explicaran como é o traballo día a día deste centro na recuperación de animais feridos .

Venres 17 de Xuño : Subiremos até a área de Santiaguiño do Monte co segundo grupo de chavalotes do colexío de Flavia , comentando algunhas historietas sobre a importancia da conservación do noso patrimonio natural . Seguidamente procederemos alí con outra sesión de cetrería a cargo de Camilo Rodríguez e as suas fermosas aves