Coma vimos desenrolando todos estos anos dende o noso nacimento como colectivo ambiental , este Xoves 7 de Abril , e axudados polas rapazas e rapaces do colexio público de Dodro , procederemos a plantar mais de 100 exemplares de castiñeiros do país (Castanea x hybrida) naquelas zonas do monte plantadas o pasado ano , e que por mor da sequía do verán pasado fracasaron .
Esperamos unha boa participación neste acto ambiental , e pronto seremos quen de publicar algunha fotiña dos colaboradores na plantación .
Atentos ao blog !!!!!!!!!!!!!!
Plantación de árbores frondosas en Dodro
O vindeiro sábado 9 de Abril . . . ANDAINA !!!!!!!!
Lembradevos que este sábado 9 de Abril celebramos a 4ª Andaina Bisbarra do Sar , unha clásica xa do circuito galego .
50 Km por agochados paraxes de indubidábel beleza na bisbarra do Sar esperan para que as descubras .
Polo menos pásate para tomar un viño e darnos unha mao na organización .
http://andainabisbarradosar.blogspot.com/
Publicado por montegalego en 4:57 0 comentarios
Suscribirse a:
Entradas (Atom)