Interesante video sobre a sanidade forestal

Novas actividades do Colectivo Remonte para os mais pequenos .


Infelizmente , as actividades de Cetrería previstas para realizar cos chavalotes ingresados na área de pediatría do CHUS non se poideron levar a bo termo (por causas totalmente alleas ao Colectivo Remonte) . Ainda así , e grazas á boa disposición de Camilo Rodríguez , e das suas aves , faremos duas sesións de cetrería na área dos Colexiós de Padrón , así :

Mércores 15 de Xuño : Subiremos até a área de Santiaguiño do Monte cun grupo de chavalotes do colexío de Flavia , comentando algunhas historietas sobre a importancia da conservación do noso patrimonio natural . Seguidamente procederemos alí cunha sesión de Cetrería

Xoves 16 de Xuño : Partiremos cara Oleiros , con chavalotes do Colexio de Rosalía , para facer unha visita guiada ao Centro de recuperación da fauna de Oleiros , onde nos explicaran como é o traballo día a día deste centro na recuperación de animais feridos .

Venres 17 de Xuño : Subiremos até a área de Santiaguiño do Monte co segundo grupo de chavalotes do colexío de Flavia , comentando algunhas historietas sobre a importancia da conservación do noso patrimonio natural . Seguidamente procederemos alí con outra sesión de cetrería a cargo de Camilo Rodríguez e as suas fermosas aves

Martes 14 de Xuño faremos unha sesión de Cetrería na Centro Hospitalario C.H.U.S.


O Martes 14 de Xuño ás 11:30 acudide ao servizo de pediatría do CHUS para disfrutar con meniños que se atopan internados no servizo de oncoloxía , desta pequena sesión de Cetrería , e grazas á boa disposición de Camilo Rodríguez , experto no tema e colaborador do Colectivo Remonte .

O Colectivo Remonte fixo onte unha entrega de material didactico á escola de oncoloxía do CHUS

O Colectivo Remonte , artelladores da Andaina Bisbarra do Sar , tivo este ano unha nova idea xa comentada en post anteriores : 1 euro de cada inscripción na andaina ía adicarse a gastalos na merca de material didáctico para a escola de oncoloxía "Camilo José Cela" do Centro Hospitalario CHUS .
Dito e feito , no seguinte enlace á prensa local podedes ollar a boa nova .

http://www.elcorreogallego.es/santiago/ecg/donacion-de-material-didactico-para-la-escuela-camilo-jose-cela-del-chus/idEdicion-2011-06-01/idNoticia-674621/


http://www.lavozdegalicia.es/santiago/2011/06/01/0003_201106S1C10992.htm?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz

Evolución do monte nos derradeiros 50 anos

Interesante documental que amosa a evolución do monte nos derradeiros 50 anos . É un video de aproximadamente 30 minutos que paga a pena ollar .

Plantación de árbores frondosas en Dodro

Coma vimos desenrolando todos estos anos dende o noso nacimento como colectivo ambiental , este Xoves 7 de Abril , e axudados polas rapazas e rapaces do colexio público de Dodro , procederemos a plantar mais de 100 exemplares de castiñeiros do país (Castanea x hybrida) naquelas zonas do monte plantadas o pasado ano , e que por mor da sequía do verán pasado fracasaron .
Esperamos unha boa participación neste acto ambiental , e pronto seremos quen de publicar algunha fotiña dos colaboradores na plantación .
Atentos ao blog !!!!!!!!!!!!!!

O vindeiro sábado 9 de Abril . . . ANDAINA !!!!!!!!

Lembradevos que este sábado 9 de Abril celebramos a 4ª Andaina Bisbarra do Sar , unha clásica xa do circuito galego .
50 Km por agochados paraxes de indubidábel beleza na bisbarra do Sar esperan para que as descubras .
Polo menos pásate para tomar un viño e darnos unha mao na organización .

http://andainabisbarradosar.blogspot.com/

IV Andaina Bisbarra do Sar - 9 Abril


Xa está aquí , ás portas , a IV Andaina Bisbarra do Sar que organiza o Colectivo Remonte , e na que participan os Concellos de Padrón , Dodro e Rois .

Esta ano NOVIDADES, que podes consultar xa na web andainabisbarradosar.com

Unha das novidades é que con cada ingreso de participación , os andairegos estarán colaborando coa Escola Pediatrica de Oncoloxía “Camilo José Cela” do Hospital Xeral de Santiago de Compostela , grazas ao convenio de colaboración entre o Colectivo Remonte e dita escola , representada por Rhut Gómez , como podes ollar na foto que acompaña esta entrada .

Non demoredes mais , APUNTADEVOS XA , seguindo as instruccións

www.andainabisbarradosar.com