Interesantes reflexións sobre os incendios na Floresta portuguesa . Extrapolabeis ao que pasa no noso país?

Floresta - Porque arde Portugal?

http://www.cafeportugal.net/pages/dossier_artigo.aspx?id=2711

Interesante web onde se explica con claridade a viaxe de migración do Alimoche

No seguinte link podedes ollar esta interesante web onde se explica con claridade e en 3 dimensións a viaxe de migración do Alimoche , dende as Hoces do Rio Riaza , en Segovia , Até as terras de Mauritania , xa no continente Africano
Paga a pena adicar uns minutos , sobre todo os rapaces e rapazas en idade escolar .

www.elviajedelalimoche.com

Entrevista co presidente do Colectivo Remonte no xornal "Tierras de Santiago" con motivo do especial lumes forestais na bisbarra de Compostela

TRANSCRIPCIÓN LITERAL DENDE A WEB DO XORNAL "TIERRAS DE SANTIAGO"


Ángel Rodríguez Conde, presidente del colectivo Remonte de Padrón y experto conocedor del monte por su labor profesional, cree firmemente en la multifunción de éste. En este aspecto, aboga por la necesidad de recuperar el valor del monte, no sólo desde el punto de vista maderero sino en su conjunto como fuente de productividad y riqueza. Rodríguez Conde sostiene que muchos de los incendios registrados en Galicia, y en concreto en el área de influencia de Tierras, podrían evitarse si todos los sectores sociales implicados se sentasen a hablar de los problemas que acechan al rural "durante el invierno para actuar en verano. Podemos suponer en muchos casos cuál es la causa del incendio. Por ejemplo en A Baña, la mayoría de los focos parecen ser que puedan tener que ver con el ataque del lobo, y en Negreira con el del jabalí".

Asimismo recalca que uno de los graves problemas que se registran en la mayoría de los núcleos del rural es el envejecimiento de la población y el minifundismo. "La gente joven se marcha de la aldea y no quiere saber nada de las tierras. Los que quedan tienen una edad muy avanzada y ya no pueden realizar la misma labor de antes. Esto lleva a un abandono de las parcelas y a la proliferación del matorral. Hace 50 años todo el monte estaba limpio y la gente se peleaba por el tojo. Hoy no. Limpiar es una carga". Asimismo recalca que "la Administración debería potenciar la concentración del monte y no permitir la pervivencia de parcelas aisladas".

El presidente de Remonte se muestra partidario de que la Administración se haga cargo de fincas de monte que estén completamente abandonadas para limpiarlas, sacarlas rentabilidad "y una vez amortizado, el dinero que pudiese sobrar dárselo a sus propietarios. Habría que ver cada caso, por supuesto, pero se estarían creando puestos de trabajo, recuperando el valor del monte y evitando con ello los incendios".

La concienciación vecinal y la aplicación de la ley de incendios es otro pulso a echar "porque si se cumpliera la franja de protección, el fuego no se acercaría a las casas". En cuanto al propio servicio contraincendios, Rodríguez recalca que "está, por un lado mal valorado, pese a que las brigadas arriesgan su vida por el patrimonio forestal, y por otro infrautilizado, especialmente en invierno". Cree necesario que estos bomberos del rural reciban más formación para actuar en otras catástrofes, más medios y un servicio más profesionalizado".

Un ano mais . . . Arde Galiza

Montegalego quere darlle unha aperta ás familias dos dous brigadistas mortos no incendio forestal de Fornelos de Monte deste Agosto de 2010. Unha aperta tamén para os compañeiros que combaten lumes forestais na Galiza ; coidadevos , moito ánimo e con tino .

Marcha BTT pola Bisbarra do sar


Na seguinte imaxe podedes ollar o percorrido da Ruta en BTT pola Bisbarra do Sar que se vai celebrar o día 19 de Xuño de 2010 , con saida dende Padrón pola tarde .

III Camiñada por parellas no Concello de Rois

A camiñata celebraráse o Sábado 26 de Xuño en Rois.
Queren favorecer o diálogo, aumentar a amizade e promocionar o respecto pola natureza e a actividade deportiva. Para iso organizan a Camiñata por parellas do Concello de Rois. Somentes admiten inscricións a xente que se achegue emparellada. Ao que ven só, casámolo, afirma con ironia un dos membros da organización.
A orixinal iniciativa vai xa pola súa terceira edición, e para este ano xa contan cunha parella que suma só 18 anos (neno e nena de 10 e 8 anos) e outra que alcanza os 138. A camiñata sairá ás seis da tarde do sábado 26 de xuño desde o polideportivo municipal de Rois, no quilómetro 4 da estrada Padrón - Noia.
A marcha será de dificultade baixa, aproximadamente 15 quilómetros. Haberá 2 controis intermedios, no que as dúas persoas que formen a parella, terán a obriga de pasalo xuntos. Por motivos de seguridade, a organización puxo como límite 175 parellas, para poder regular todo o percorrido, vixiando sobre todo as encrucilladas. O Concello de Rois ofrecerá uns pinchos ás persoas participantes, ao remate da camiñada. Anuncian tamén aparcadoiros, duchas e sorteo de agasallos entre os participantes. Uns dos promotores da camiñata por parellas, Arturo Reboyras, indica que hai uns anos organizaron unha iniciativa similar en Muiños (Ourense). Fora pouca xente e deixaron de organizala. En cambio en Rois, cada vez se reunen máis amigos do paseo, atendendo á chamada do colectivo Remonte. Sendeiristas de todas as idades e condicións sociais. O único requisito é inscribirse con parella.

www.andainabisbarradosar.com

O Goberno da Xunta de Galicia contra as Asociacións Ambientais Sen Fin de Lucro

Consumouse o Martes 18 de Maio o que xa viña sendo un tónica habitual de non incluir as Asociacións sen fin de Lucro nos beneficiarios de subvencións para proxectos ambientais .

Logo de adicar tempo , esforzo e diñeiro para sacar adiante as actividades que vimos desenrolando dende a Asociación ambiental Colectivo Remonte (plantacións de árbores , charlas divulgativas , organización de andainas ambientais . . . ) , o menos que se lle pode esixir a un goberno e que lle aporte a estes colectivos , como o noso , pequenas cantidades de diñeiro coas que sufragar , ou alomenos ,minimizar os gastos que temos para sacar adiante as actividades .

No DOG do Martes 18 de Maio de 2010 sae unha orde da Xunta de Galicia , pola que estabelen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades sen fin de lucro para facilitar a sua participación en material ambiental.

Na mesma DISPONSE que queda a orde sen efecto e procedese co arquivo do expedente

Mentres tanto , non saen de parar novas onde a Xunta de Galicia se gasta millóns de euros en publicitar as bondades da Lei de Costas , do Decreto do plurilingüismo . . . Só con adicar unha pequena parte dese despilfarro a actividades ambientais para os colectivos sen fin de lucro , o interese polo ambiente sairía claramente reforzado.

Pero , Mentres tanto , o Colectivo Remonte dentro das nosas posibilidades , seguiremos coa teima de adicar tempo e esforzo para desenrolar actividades ambientais que valoricen o noso meio ambiente mais próximo , principalmente nos colexios e coa franxa de idade mais nova .

QUEDA DITO

III Andaina por parellas Concello de Rois


Un ano mais , e xa imos pola terceira edición , organizamos xunto coa Área de Cultura e deportes do Concello de Rois , a III ANDAINA POR PARELLAS DO CONCELLO DE ROIS . A data será o vindeiro 26 de Xuño ás 18:00 da Tarde .

Mais información polo miudo no seguinte link

http://andainabisbarradosar.blogspot.com/

O Sábado vindeiro, ¡¡¡ III ANDAINA BISBARRA DO SAR !!!

Este vindeiro sábado 25 de Abril lembrádevos !!!!!!!
III ANDAINA BISBARRA DO SAR

Xa temos 400 persoas apuntadas . . .

ANÍMATE A PASAR ESTA XORNADA CONNOSCO

www.andainabisbarradosar.com

17 Abril - Xornada de limpeza do Rio Sar . Participa !!!!!

O Vindeiro 17 de Abril , a sociedade de caza e pesca de Padrón xunto co clube de pesca W.Latorre organizaron unhas xornadas de limpeza do Rio Sar á altura de Iria . Para isto contarán co auxilio de voluntarios do Colectivo Remonte , así como calquer persoa que desexe participar connosco .

A Xornada repartirase entre limpeza e desbroce do cauce e marxes do Rio Sar entre a Ponte de Iria e o Muiño de Lamas . Facemos un chamamento á colaboración , tomando como ponto de encontro ás 9:00 na Ponte vella de Iria , co fin de repartir á xente

ANIMADEVOS

www.surfcastingmasters.blogspot.com


Importancia das abellas na conservación da biodiversidade

Serie de documentais curtos onde se pode ver a importancia que teñen as abellas , mediante a sua polinización , na conservación da biodiversidade .





Pequeno video da derradeira plantación feita en Dodro

Amosamos un link que contén un video da plantación feita en Dodro , con árbores apadriñados pola empresa de moda Adolfo Domínguez.

http://www.facebook.com/video/video.php?v=285992173765

Novas fotos da plantación feita en Dodro








Éxito da plantación de árbores en Dodro apadriñados pola empresa de moda Adolfo Dominguez


Da man da Asociación Ambiental Colectivo Remonte, os arredor de 160 alumnos do Centro Público Integrado Eusebio Lorenzo Baleirón de Dodro pasaron boa parte da mañá de onte en contacto coa natureza. Nunha parcela da aldea de Revixós, os escolares plantaron preto de 200 plantas de castiñeiro e carballo, que teñen un padriño de moda, a empresa galega Adolfo Domínguez. Pero o apadriñamento non se quedou so no papel, polo que a filla do deseñador ourensán asistiu a plantación e mesmo colleu a aixada na man para botarlle terra a varias árbores. Tiziana Domínguez explicou que no pasado Nadal a empresa decidiu regalar aos seus máis estreitos colaboradores unha árbore, que dende onte medra xa nunha parcela de Dodro que, ata hai dous meses, estaba chea de xestas.

Ao acto de plantación non so asistiron varios representantes do Colectivo Remonte, senón que tamén que contou coa colaboración do axente territorial para a Comarca do Sar da Consellería de Medio Rural, José Rodríguez, e os membros dun Equipo de Prevención de Incendios Forestais do Ministerio de Medioambiente. Previamente a saída a parcela, estes últimos falaron no centro educativo da prevención de lumes no monte. A charla tamén asistiu o xefe do Distrito IV Barbanza, Alberte Piñeiro.
Xa na leira, calzados con botas de goma e unha gorra na cabeza, neste caso obsequio de Adolfo Domínguez, os alumnos do CPI de Dodro, acompañados do profesorado do centro, demostraron que a aixada non lles é algo alleo polo que non dubidaron en collela para plantar as árbores e nalgúns casos ata se puxeron de manga curta debido ao esforzo, que a outros lles abriu o apetito e mesmo sacaron o bocadillo.
Todos coincidían en que a terra da parcela era moi boa polo que, dende o Colectivo Remonte, ninguén dubidou que as árbores prenderán sen problema. Así, o axente territorial animou aos escolares a volver no mes de marzo a finca para ver as medras das árbores. Dende o colexio, lembraron que os rapaces tamén fan plantacións dentro do recinto educativo polo que «aínda se lle dá ben isto de andar co sacho».
A pregunta de se estes escolares ían as leiras a traballar, todos coincidían en dicir que non salvo nalgún caso en que «me obrigan meus pais cando é de poñer ou quitar as patacas», dixo un deles. Outro rapaz recoñeceu que «meu avó si que ía a leira, se facía falta da mañá a noite». Ao final, plantaron arredor de 200 plantas de castiñeiro e carballo, especies frondosas e de folla caduca que o Colectivo Remonte quere levar a aquelas zonas arrasadas polos incendios ou en abandono.
A Asociación Ambiental Colectivo Remonte naceu no ano 2006 para poñer en marcha accións dirixidas a recuperar e reforestar as zonas queimadas pola vaga de lumes e, dende entón, xa fixo varias plantacións a través do seu programa Apadriña unha árbore que, nesta ocasión, contou co apoio da empresa ourensá Adolfo Domínguez. Pola súa banda, a firma téxtil aproveitou para afianzar o seu compromiso coa ecoloxía, tal e como lembrou onte Tiziana Domínguez. Coa plantación onte de case 200 árbores apadriñadas, o Colectivo Remonte ten a día de hoxe uns 300 padriños e madriñas e conta de seguir incrementando o número dado o fin da acción.

O Colectivo Remonte realiza o venres a plantación de 200 árbores apadriñadas por Adolfo Domínguez

A Asociación Ambiental Colectivo Remonte, con sede en Padrón, realiza o venres unha plantación de ao redor de 200 plantas de castiñeiro e carballo nun terreo do lugar de Lestrove, no municipio de Dodro. As árbores están apadriñados pola empresa Adolfo Domínguez que, o pasado Nadal, regalou aos seus máis estreitos colaboradores unha árbore que agora axudará a reforestar unha zona afectada polos graves incendios do ano 2006 ou, ben, en estado de abandono.
A actividade do venres comeza no Centro Público Integrado Eusebio Lorenzo Baleirón de Dodro, onde persoal do Colectivo Remonte impartirá unha charla técnica sobre a posterior plantación e sobre os incendios forestais. A continuación, os 160 alumnos do colexio, con idades comprendidas entre os 5 e 14 anos, desprazaranse ata a leira elixida para a reforestación.
A asociación ambiental facilitaralles as plantas (120 de castiñeiro e 80 de carballo), así como as ferramentas necesarias para a plantación e ata bos consellos prácticos para que as plantas teñan o máximo arraigamento posible. Está previsto que asista algún representante da empresa Adolfo Domínguez, posiblemente a filla do deseñador. Con esta iniciativa, a firma afianza «ou seu claro compromiso entre moda e ecoloxía».
O Colectivo Remonte naceu por mor dos incendios de 2006. Ten en marcha un programa que leva por título Apadriña un árbore, para reforestar con especies frondosas autóctonas zonas afectadas polos lumes.

Fonte La Voz de Galicia (Mércores 27 Xaneiro 2010)

21 de Xaneiro 2010 Paremos o Decretazo contra o galego

Adolfo Domínguez apadriña árbores en Dodro . A firma téxtil de Ourense vai colaborar coa asociación ambiental Colectivo Remonte, de Padrón

La Voz de Galicia 03/01/10

Adolfo Domínguez apadriña árbores en Dodro

A firma téxtil de Ourense vai colaborar coa asociación ambiental Colectivo Remonte, de Padrón

Dende a súa creación no ano 2006 como resposta a vaga de lumes forestais que asolaron Galicia nos meses de xullo e agosto, a asociación ambiental Colectivo Remonte, con sede en Padrón, ten en marcha un programa-acción que leva por título Apadriña unha árbore. Como froito deste programa, a entidade ven desenrolando accións de plantación de árbores frondosas caducifolias en parcelas de monte afectadas polos incendios forestais ou en grave estado de abandono, principalmente na comarca do Sar, e grazas as aportacións económicas de madriñas e padriños que participan no programa así como do titular da parcela que se beneficia desta acción.
Fieis a esta tradición, neste Nadal e comezo do ano 2010, o Colectivo Remonte e a empresa Adolfo Domínguez S.A. fan a súa felicitación cunha árbore. Deste xeito, o «compromiso» de Adolfo Domínguez co medio ambiente materialízase este Nadal nunha nova iniciativa sostible co que agasallará aos seus máis estreitos colaboradores cunha árbore coa que participan na reforestación dos montes galegos, maltreitos polo lume.
Con esta colaboración, Adolfo Domínguez «contribúe ao proxecto integral que o Colectivo Remonte desenrola en Galicia», segundo sinalan dende a propia asociación. Ademais, este ano, coa entrada na empresa de Tiziana Domínguez como responsable do departamento de Responsabilidade Social, a empresa afianza o seu claro compromiso entre moda e ecoloxía.
Para a reforestación, o Colectivo Remonte conta cunha parcela situada no municipio de Dodro, concretamente en Lestrove, de xeito que convidará a un colexio próximo para que participe directamente nas labores de plantación. Para iso, proporcionaralle aos escolares as plantas, as ferramentas e o auxilio de persoal experimentado, que os guiará con consellos prácticos para que a plantación conte co máximo arraigo posible