Éxito da plantación de árbores en Dodro apadriñados pola empresa de moda Adolfo Dominguez


Da man da Asociación Ambiental Colectivo Remonte, os arredor de 160 alumnos do Centro Público Integrado Eusebio Lorenzo Baleirón de Dodro pasaron boa parte da mañá de onte en contacto coa natureza. Nunha parcela da aldea de Revixós, os escolares plantaron preto de 200 plantas de castiñeiro e carballo, que teñen un padriño de moda, a empresa galega Adolfo Domínguez. Pero o apadriñamento non se quedou so no papel, polo que a filla do deseñador ourensán asistiu a plantación e mesmo colleu a aixada na man para botarlle terra a varias árbores. Tiziana Domínguez explicou que no pasado Nadal a empresa decidiu regalar aos seus máis estreitos colaboradores unha árbore, que dende onte medra xa nunha parcela de Dodro que, ata hai dous meses, estaba chea de xestas.

Ao acto de plantación non so asistiron varios representantes do Colectivo Remonte, senón que tamén que contou coa colaboración do axente territorial para a Comarca do Sar da Consellería de Medio Rural, José Rodríguez, e os membros dun Equipo de Prevención de Incendios Forestais do Ministerio de Medioambiente. Previamente a saída a parcela, estes últimos falaron no centro educativo da prevención de lumes no monte. A charla tamén asistiu o xefe do Distrito IV Barbanza, Alberte Piñeiro.
Xa na leira, calzados con botas de goma e unha gorra na cabeza, neste caso obsequio de Adolfo Domínguez, os alumnos do CPI de Dodro, acompañados do profesorado do centro, demostraron que a aixada non lles é algo alleo polo que non dubidaron en collela para plantar as árbores e nalgúns casos ata se puxeron de manga curta debido ao esforzo, que a outros lles abriu o apetito e mesmo sacaron o bocadillo.
Todos coincidían en que a terra da parcela era moi boa polo que, dende o Colectivo Remonte, ninguén dubidou que as árbores prenderán sen problema. Así, o axente territorial animou aos escolares a volver no mes de marzo a finca para ver as medras das árbores. Dende o colexio, lembraron que os rapaces tamén fan plantacións dentro do recinto educativo polo que «aínda se lle dá ben isto de andar co sacho».
A pregunta de se estes escolares ían as leiras a traballar, todos coincidían en dicir que non salvo nalgún caso en que «me obrigan meus pais cando é de poñer ou quitar as patacas», dixo un deles. Outro rapaz recoñeceu que «meu avó si que ía a leira, se facía falta da mañá a noite». Ao final, plantaron arredor de 200 plantas de castiñeiro e carballo, especies frondosas e de folla caduca que o Colectivo Remonte quere levar a aquelas zonas arrasadas polos incendios ou en abandono.
A Asociación Ambiental Colectivo Remonte naceu no ano 2006 para poñer en marcha accións dirixidas a recuperar e reforestar as zonas queimadas pola vaga de lumes e, dende entón, xa fixo varias plantacións a través do seu programa Apadriña unha árbore que, nesta ocasión, contou co apoio da empresa ourensá Adolfo Domínguez. Pola súa banda, a firma téxtil aproveitou para afianzar o seu compromiso coa ecoloxía, tal e como lembrou onte Tiziana Domínguez. Coa plantación onte de case 200 árbores apadriñadas, o Colectivo Remonte ten a día de hoxe uns 300 padriños e madriñas e conta de seguir incrementando o número dado o fin da acción.

5 comentarios:

Alfonso García dijo...

Coas declaracións que fixo onte este "señor" (por ser eu educado, pero ocórrenseme outros nomes para este guicho) deberiades ir pensando en se vos compensan certo tipo de apadriñamentos. Un tipo que despreza aos seus traballadores e ao colectivo de currantes deste país deste xeito, que se preocupa máis polos carballos que polas persoas que teñen familia, non me merece respecto ningún. Agardo que a vós tampouco. Pode que eses obsequios de Adolfo Domínguez estean enlixados coa suor dos seus traballadores explotados en Asia e África.
http://lv.galiciae.com/nova/47552.html

María Teresa Jiménez dijo...

Si es cierto que paga a sus trabajadores de Orense 738 euros, no quiero ni imaginar lo que cobrarán los de Marruecos. Puede que valore más a los árboles que a los hombres: la deshumanización del capitalismo produce estas cosas. Es una lástima oírle lo que piensa ahora. Espero que al hacerme vieja no me pase lo mismo, porque por lo que estoy viendo, los progres de los 80 están acabando todos así.

montegalego dijo...

Saúdos
O contacto coa empresa de moda para o apadriñamento das árbores fíxose antes das declaracións do seu mentor Adolfo Domínguez . A acción de apadriñamento das árbores foi en todo momento contactada coa sua filla Tiziana Domínguez (non sabemos se son da mesma opinión en custións de índole socioeconómica) , co cal debemos desvencellar a acción própriamente ecolóxica coas opinións que sobre diversas cuestións teña a empresa (ou o seu dono , neste caso)na prensa .
Por parte do Colectivo Remonte temos claro que é o pobo galego no seu conxunto , mais que calquer político ou empresario , quenes co seu esforzo diario contribúen a facer o país e conservar a cultura e , o que mais nos corresponde como colectivo ambiental ,un meio ambiente mais saudábel para nos e os nosos descendentes

Anónimo dijo...

Pois a min parcéceme moi ben que se leven a cabo estas iniciativas para salvar ó medio ambiente.Viva o colectivo Remonte xa que sin él non sei que faríamos.Eu son aunha alumna do centro educativo de Dodro e quería dicir que con esta xente aprendénse moitas cousas Eu, sen ir máis lonxe o de andar co sacho,como que non sabía,pero ahora esta xente ensinoume.
Sobre as gorras de Adolfo Domínguez,traeme sen coidado,xa que nos íamos a plantar árbores non a un desfile de moda.

montegalego dijo...

Parabéns alumna do Centro educativo de Dodro , somos do mesmo parecer , cada árbore que prantastes ese día é unha pequena pinga no coidado do meio ambiente , unha pinga de auga que pasados os anos coa axuda de todos fará un oceano .